Reserva de la Biosfera

O Concello da Bola forma parte actualmente da Reserva da Biosfera, Área de Allariz. Esta  declaración, promulgada pola UNESCO, foi concedida por tratarse dunha zona particularmente  importante en valores culturais e polo uso sostible da terra, atendendo á conservación da flora e da  fauna.  Seguindo estes principios preténdese manter un equilibrio entre o desenvolvemento económico e  social, o mantemento dos valores culturais propios e a conservación da diversidade biolóxica. Dende a apicultura queremos reafirmar este compromiso e conciliar o noso modo de vida coa  conservación da biodiversidade, xa que, as abellas, como polinizadoras que son, transportan pole  dunhas flores a outras, colaborando no mantemento da biodiversidade e no aumento da produtividade dos cultivos.
Inicio Mel e Punto Reserva de la Biosfera Apadrina Contacto Mel e punto