Mel e punto

Estamos no Concello da Bola, incluído na Reserva da Biosfera, na Área de Allariz.  O Concello comprende altitudes que van dos 300 ós 900 metros e caracterízase por grandes extensións de bosque autóctono formado por carballos, sanguiños, castiñeiros e un monte baixo especialmente variado. Comezamos o noso proxecto nunhas parcelas escollidas polo seu enclave, ideal para obter mel de calidade nun ámbito natural. Estas terras foron cedidas polos seus propietarios de balde, coa única condición de mantelas en bo estado e darlles un uso produtivo. Grazas a todos eles por crer en nós. En Mel e Punto aproveitamos esta riqueza natural para conseguir un mel escuro e de apreciado sabor, que chega dende as abellas ata vostede con todas as súas propiedades intactas. Extraemos o mel en frío, centrifugando os favos. Deixámolo madurar uns días e, despois, filtrámolo para separar os posibles restos de cera. Deste xeito garantimos que o mel que envasamos chegue ó seu fogar conservando todas as súas propiedades
Inicio Mel e Punto Reserva de la Biosfera Apadrina Contacto Mel e punto